Sae o sábado 23 de xullo ás 12:00 da praza do Himno Galego, en Ferrol
Ferrol, 13 de xullo de 2022.- A Plataforma Vía Galega, que agrupa máis de 60 colectivos sociais e culturais, fai un chamamento a participar na VII Ruada da Patria convocada para o sábado 23 de xullo ás 12:00 con saída da praza do Himno Galego de Ferrol.
Desde esta entidade animan a asistir con bandeiras e instrumentos musicais para que esta ruada se converta nunha festa reivindicativa dos dereitos nacionais de Galiza.
Na organización, ademais de Vía Galega están a Fundaçom Artábria, o BNG e a CIG.