VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Vía Galega chama a participar na VII Ruada da Patria

Sae o venres 15 de xullo ás 20:30 da praza da Pedra, en Vigo

Vigo, 12 de xullo de 2022.- A Plataforma Vía Galega, que agrupa máis de 60 colectivos sociais e culturais, fai un chamamento a participar na VII Ruada da Patria convocada para o venres 15 de xullo ás 20:30 da praza da Pedra, en Vigo.

Desde esta entidade animan a asistir con bandeiras e instrumentos     musicais para que esta ruada se converta nunha festa reivindicativa dos dereitos nacionais de Galiza.

Na organización, ademais de Vía Galega están o colectivo Estreleira, o centro social A Revolta e a asociación cultural Arrulique.

“O Día da Patria Galega é a xornada en que milleiros de galegas e galegos defenden e reclaman os dereitos colectivos que lle corresponden a Galiza como nación. Máis un ano, esta ruada ten como obxectivo a popularización na Comarca de Vigo desta data chave para o pobo galego, polo que desde Vía Galega animan a encher as rúas do Casco Vello nesta VII Ruada da Patria”, afirmou o coordinador de Vía Galega na Comarca de Vigo, Nuno Galán.