VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Vía Galega chama a participar nos actos do Día da Patria 2021 para reivindicar os dereitos nacionais de Galiza

Bandeira

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2020.-A Plataforma Vía Galega fai un chamado a participar nos diversos actos organizados para este 25 de xullo, Día da Patria Galega, para manifestarse en Santiago de Compostela en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, ademais de exhibir a simboloxía do país en xanelas, varandas e galerías durante esta semana.

Desde a plataforma Vía Galega, que agrupa máis de 65 colectivos sociais e culturais, anímase a pendurar a bandeira galega de fiestras, varandas e galerías nesta semana de celebración do Día da Patria.

Vía Galega avoga na súa programación pola ampliación da conciencia nacional para conseguir o recoñecemento do exercicio do dereito de autodeterminación, para que Galiza dispoña de plenos dereitos democráticos e liberdades colectivas e individuais. Quérese incrementar a plena capacidade política, sen subordinación a intereses alleos, para obter unha economía ao servizo do pobo galego que free o espolio dos nosos recursos, cree emprego de calidade e deteña a emigración, xunto con accións que normalicen a nosa lingua, cultura, deportes e ensino.

Compostela, 20 de xullo de 2021

Coordinadora de Vía Galega