O evento, aberto ao público, será este mércores 21 de decembro ás 19:00 na Galería Sargadelos
Vigo, 20 de decembro de 2022.- Vía Galega convida a participar no acto de presentación do caderno “Símbolos nacionais de Galiza, o himno e a bandeira” previsto para este mércores 21 de decembro na Galería SArgadelos de Vigo.
Neste evento, aberto ao público, intervirán Olaia Chaves, coordenadora de Via Galega en Vigo; e Xoán Costa, profesor e investigador da orixe da bandeira galega. Farán un relatorio sobre os símbolos nacionais do noso país, para dar a coñecer a súa historia e o seu significado.
Exemplar de agasallo
As persoas asistentes levarán, de balde, cadanseu exemplar desta publicación sobre a bandeira o himno galego coa letra restituída de acordo co texto orixinal de Eduardo Pondal, concibidos como símbolos de identidade colectiva de pertenza a unha nación, que nos recoñecen como galegos e galegas.