VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Vía Galega e Galiza Cultura homenaxearán a Castelao, o día 27 de xuño no Panteón de Galegos Ilustres

Vía Galega e Galiza Cultura estamos realizando e temos programando diferentes actividades por toda Galiza para divulgarmos e pormos en valor a extraordinaria  figura e obra de Castelao, do mellor que deu Galiza na política, na arte e na literatura, e así rescatar o seu pensamento e obra da manipulación e confinamento ao que o ten sometido a Xunta de Galiza.

No marco desta programación, Vía Galega e Galiza Cultura ten  previsto realizar o 27 de xuño, ás 20h, un acto de admiración e homenaxe a Castelao, con ofrenda floral, no Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os seus restos mortais, que foron trasladados desde o Cemiterio da Chacarita en Buenos Aires fai, o día 28 de xuño, 41 anos . Este segundo enterro tiña uns propósito claro: lexitimar o marco autonómico e ocultar  o seu ideario nacionalista.

O acto iniciarase con un saúda do Coordenador de Vía Galega, Anxo Louzao, do presidente de Galiza Cultura, Xosé Manuel Carril e da alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín .

Tereixa Navaza e Carlos Callón conduciran o acto e darán lectura a textos da obra de Castelao.

A coral Solfa catará a Castelao, interpretando A Castelao, poema de Manuel María (estrea da música) Poema ; Olla meu irmau  honrado, poema de Celso Emilio Ferreiro; Lela, poemade Castelao e Na morte de Castelao, poema de Ramón Cabanillas.

 Pilar García Negro disertará sobre O valor de Castelao no século XXI 

Rematará o acto cunha ofrenda floral na tumba de Castelao e a interpretación do Himno Galego.