VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

VÍA GALEGA fai un chamamento a participar na manifestación baixo o lema “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”

Cartaz

Sairá o domingo 6 de novembro desde a praza Roxa, en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2022.- O Comité Intercentros da CRTVG xunto con máis de 30 organizacións e entidades de diferentes ámbitos da sociedade galega, entre as cales está VÍA GALEGA, teñen convocada manifestación nacional en Compostela para o día 6 de novembro, baixo o lema “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”. Sairá ás 12 horas da praza Roxa e rematará na praza de Praterías.

Padecemos unha televisión e radio galegas que permanente manipulan, ocultan, vetan e falsean a nosa realidade. Medios públicos pagados por todos e todas as galegas e, no entanto, están secuestrados e ao servizo do PP. É necesario rescatar estes medios para que informen veraz e obxectivamente da realidade nacional, social, cultural e laboral galega, para que promovan a conciencia nacional, a nosa autoestima colectiva, a nosa cultura e lingua; é dicir unha televisión e radio ao servizo dado pobo galego.

Por iso, VIA GALEGA fai un chamamento a participar nesta manifestación que percorrerá as rúas de Compostela o domingo, día 6 de novembro, ás 12 h, con saída da praza Roxa.

Podes decargar o Manifesto en defensa da CRTVG (pdf, 92 kb)