Vía Galega vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira. Fai dous anos, inauguramos como semana de exaltación e exhibición da bandeira galega a semana coincidente co aniversario do desenvolvemento, durante o 17 e 18 de novembro de 1918, da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Pois ben, este ano, que se cumpren 106 anos da efeméride, retomamos a campañas dándolle continuidade ao traballo iniciado nos últimos anos e, así, durante a semana do 18 ao 24 de novembro cubrir toda a xeografía galega de bandeiras Galegas, engalanando fiestras e varandas.
Esta campaña, terá como día chave o vindeiro día 23 de novembro cun acto expansivo en diferentes localidades de toda Galiza, que consistiría en colocar bandeiras galegas en lugares vistosos para que perduren no tempo, a única bandeira que nos representa e nos identifica como galegas e galegos.
Estamos certos da necesidade de impulsar campañas para divulgar o uso dos nosos símbolos, os únicos que nos identifican e recoñecen como pobo, que fortalecen a nosa conciencia e cohesión nacional e contrarrestan a invasión da simboloxía española.