VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Vía Galega impulsa actos por toda Galiza de izado da bandeira galega en conmemoración do 105 aniversario da I Asemblea Nacionalista

Vía Galega vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira. O ano pasado, inauguramos como semana de exaltación e exhibición da bandeira galega a semana coincidente co aniversario do desenvolvemento, durante o 17 e 18 de novembro de 1918, da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Pois ben, este ano, que se cumpren 105 anos da efeméride, retomamos a campañas dándolle continuidade ao traballo iniciado o ano pasado e, así, durante a semana do 13 ao 18 de novembro cubrir toda a xeografía galega de bandeiras Galegas, engalanando fiestras e varandas.

Remataremos a campaña o día 18 de novembro cun acto expansivo en diferentes localidades de toda Galiza, que consistiría en colocar bandeiras galegas en lugares vistosos para que perduren no tempo, a única bandeira que nos representa e nos identifica como galegas e galegos.

Estamos certo da necesidade de impulsar campañas para divulgar o uso dos nosos símbolos, os únicos que nos identifican e recoñecen como pobo, que fortalecen a nosa conciencia e cohesión nacional e contrarrestan a invasión da simboloxía española.