VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Vía Galega impulsa actos por toda Galiza de izado da bandeira galega en conmemoración do 106 aniversario da I Asemblea Nacionalista

Vía Galega vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira. Fai dous anos, inauguramos como semana de exaltación e exhibición da bandeira galega a semana coincidente co aniversario do desenvolvemento, durante o 17 e 18 de novembro de 1918, da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Pois ben, este ano, que se cumpren 106 anos da efeméride, retomamos a campañas dándolle continuidade ao traballo iniciado nos últimos anos e, así, durante a semana do 18 ao 24 de novembro cubrir toda a xeografía galega de bandeiras Galegas, engalanando fiestras e varandas.

Esta campaña, terá como día chave o vindeiro día 23 de novembro cun acto expansivo en diferentes localidades de toda Galiza, que consistiría en colocar bandeiras galegas en lugares vistosos para que perduren no tempo, a única bandeira que nos representa e nos identifica como galegas e galegos.

Estamos certos da necesidade de impulsar campañas para divulgar o uso dos nosos símbolos, os únicos que nos identifican e recoñecen como pobo, que fortalecen a nosa conciencia e cohesión nacional e contrarrestan a invasión da simboloxía española.

Actos previstos para o  23 de novembro ás 12:00h (En ampliación)

  • A Coruña: Praia do Matadoiro ( acceso desde a finca dos mariños)

  • A Guarda: Peralba- Camposancos
  • Allariz: No Castelo
  • Ames: Bosque do Peregrino (Ventosa)
  • A Mezquita
  • A Pobra de Brollón
  •  A Pobra de Caramiñal: Paseo do I.E.S.
  • A Rúa: Área Recreativa O Aguillón
  • Arzúa: Campo da Festa de Santa María
  • Barreiros: Praza do Souto de San Miguel de Reinante
  • Bueu: Beluso
  • Cangas
  • Cedeira: Diante do Palacete
  • Compostela: Praza de Vigo
  • Fene: San Marcos
  • Ferrol: Praza de Armas
  • Gondomar
  • Lugo: Praza dos Mártires de Carral
  • Maceda: Castelo da vila
  • Mazaricos
  • Moaña
  • Moeche: No Castelo (13:00hs)
  • Muras
  • Muros
  • Narón: Diante da Casa da Cultura
  • Ourense: Na Praza do Correxidor
  • Outes: Náutico de Freixo
  • Pontevedra: Praza da Estación de Autobuses
  • Pontecesures
  • Porto do Son
  • Redondela: Punta da praia de Cesantes
  • Ribadavia: No Castelo
  • Ribeira: Coroso (11:00H)
  • Samos
  • San Sadurniño: Castelo de Naraío
  • Santiso
  • Taboada: Na Praia de Riazón
  • Teixeira
  • Teo: Burga de Xermeade
  • Tomiño
  • Val Miñor: Paseo da Ramallosa (Foz do Minhor)
  • Verea: No Mirador do Brinhal
  •  Vilar de Barrio
  • Vilar de Santos
  • Vigo: Praza do Concello
  •  Tui

Atoparás máis informacións nas nosas redes sociais, búscanos @viagalega!