VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Vía Galega inicia a recollida de sinaturas para levar ao Parlamento a Proposición non de Lei de iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas”

Unha vez admitida a trámite pola Mesa do Parlamento a  Proposición non de Lei de iniciativa Popular “Polo dereito da Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas” e  pola  Xunta Electoral de Galiza, Vía Galega inicia hoxe  campaña de  recollida de sinaturas. Necesítanse, como mínimo, 2500 para que sexa debatida no parlamento. Está Iniciativa Lexislativa  Popular enmarcase na campaña que Vía Galega está promovendo por todo a xeografía galega en prol das seleccións galegas e que está tendo grande apoio e acollida. Está avalada  por unha comisión promotora conformada por 34 persoas moitas delas ligadas e representativas do  mundo do deporte  galego.

Cúmprense 100 anos da xestación da primeira selección absoluta de fútbol da Galiza. As nosas seleccións nacionais deportivas represéntanos como pobo, alimentan o sentir e o orgullo de pertenza a unha colectividade, a unha nación. Afianzan a identidade colectiva e contribúen á cohesión social.  Porén, impídesenos competir oficial e internacionalmente, coa única excepción do fútbol gaélico. O normal é que compitamos como galegos e galegas en todos os niveis e modalidades, como acontece con diferentes países como, por exemplo, Gales e Escocia que, sen ter tampouco estado propio, participan oficialmente.

Necesítanse competencias lexislativas plenas para que os nosos e nosas deportistas teñan máis oportunidades, para o recoñecemento oficial das  nosas seleccións, para rematar coa nosa subordinación ás federacións españolas e para amosarnos como nación que somos. O preocupante é que a Xunta da Galiza nin esixe competencias plenas no ámbito deportivo, nin crea seleccións galegas, sendo a única responsábel  que non existan  competicións amigábeis das seleccións absolutas en todas as disciplinas deportivas.

A través desta  Proposición non de Lei reclamamos que:

Galiza teña o dereito a competir coas súas seleccións deportivas absolutas a nivel oficial e internacional en todas as modalidades, categorías e disciplinas deportivas.

Os nosos e as nosas deportistas poidan competir baixo a bandeira galega e  exhibila cando soben ao podio.

Se conformen seleccións galegas femininas e masculinas en todas as categorías e disciplinas deportivas.

Se galeguice o deporte e se promova a normalidade lingüística neste ámbito.

Se impulse a igualdade de xénero mediante a participación da muller na práctica do deporte e coa conformación de seleccións e competicións femininas.

Relación de promotores da Iniciativa Popular:

Pili Neira. Foi adestradora da selección galega  feminina de fútbol

-Gustavo Cesar Veloso. Ciclista.  Gañador de varias voltas a Portugal e da volta a Cataluña

-Alexandre  Sanmartín Costa. Adestrador da selección galega  masculina de fútbol gaélico

-Serafín Carballo Carballeira.  Foi Subcampeón  do Estado Español de  1500 m.

 -Luís Penín. Alpinista . Premio estatal de escalada en xeo 

-Alba Cuba Dorado. Ex Subcampeona Estatal junior de declatón.

-Cristina Fernández Piñeiro. Árbitra internacional de Balonmán. Primeira muller árbitra de balonmán en Europa

-Hugo Sánchez Flores.  Foi xogador  do Fútbol Sala (Prone. Santiago-Futsal e Burela)Mellor Deportista lucense do 2011.

-Pedro Gómez Val . Presidente do Club Xabaríns-volei de Lugo.

-Román Sánchez Besteiro. Coordenador da Federación de Peñas do C.D. Lugo.

-Adolfo Sainz Maza. Campión galego de Decatlón.

-Adrián Carreira Penalonga. Atleta de Decatlón.

 -Fernando Currás Gallego. Presidente da Unión  Deportiva  Ourense.

-Xurxo Souto. Impulsor das seleccións  e de siareirxs galegos.

-Cristina López Villar. Profesora da Facultade de Ciencias  do Deporte  e de E. F. da UDC

Héctor Pena Taboada, Xornalista. Responsábel de deportes  no  Nós, Diario.

-Manuel Polo. Licenciado en Educación Física e adestrador de atletismo

-Xan Rodiño.  Presidente da asociación Cultural e Deportiva de billarda  Rías Baixas. Impulsor  da Liga Nacional de Billarda.

Mario Gómez Calviño. Presidente da Escola de Fútbol  Femenino Rosalia de Ourense

-Hugo Sánchez Flores.  Foi xogador  do Fútbol Sala (Prone. Santiago-Futsal e Burela)Mellor Deportista lucense do 2011.

 E os membros da coordenadora  de Vía Galega , tamén  promotores

 Anxo Louzao Rodríguez

 María Xosé Bravo  San Jose

Bruno Lopes Teixeiro

Pablo Carracedo Goldar

Adrián Rodríguez Bravo

Antón Xosé Laxe Bermúdez

Cosme Eladio Pombo Rodríguez

Lucía Vecino Souto

Rafael Iglesias García

Susana Méndez Rodríguez

Xosé Manuel Afonso Noceda

Anxo Martíns Pérez

Carlos García Vieito

Eduardo Freire Bargados

Compostela, 3 de maio 2022