Pode descargarse nesta ligazón https://youtu.be/Zyp3EED0SDY
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021.- A Plataforma Vía Galega presentou o himno “Galiza, un Pobo, unha selección” que conta con 28 persoas que puxeron a súa voz e música, de maneira desinteresada, “para reivindicar o dereito a contarmos coas nosas seleccións nacionais en todas as disciplinas deportivas e a participar en competicións sen limitacións baixo a nosa bandeira”, explicou Anxo Louzao.
Na rolda de prensa de presentación deste himno estiveron Bieito Lobariñas, membro do grupo Zurrumalla e autor da música e letra do himno deportivo “Galiza, un Pobo, unha selección”; Tamara Martínez, membro do grupo Os Residuos Atractivas e autora dos arranxos das voces; Cosme Pombo, membro do grupo musical Airiños do Fiouco; e Anxo Louzao, portavoz de Vía Galega.
Esta iniciativa de Vía Galega vén a sumarse a toda unha batería de actos, exposicións e difusión de publicacións que se están desenvolvendo por toda Galiza enmarcadas na campaña “Galiza, un pobo, unha selección”, que está a ter unha grande acollida e interese.
“Trátase dun himno deportivo para reivindicármonos como nación e identificarnos cos nosos símbolos e cánticos”, sinalou Anxo Louzao. “Esiximos da Xunta que procure os medios para formar seleccións nacionais en todos os deportes porque lle corresponde e é a súa obriga pórse ao fronte para acadar as plenas competencias para competir oficialmente e internacionalmente”, engadiu.
Así, lánzase esta composición que condensa e sintetiza os obxectivos e reivindicacións desta campaña, “con enerxía, contundencia e emoción”. “Un canto para fortalecérmonos como nación que apela os nosos sinais de identidade colectivos e incentiva a nosa autoestima”, indicou, “só nos queda pedir que se difunda por toda Galiza e pase a ser un cántico que resoe en todos estadios, canchas e eventos deportivos”.
Pola súa parte, Bieito Lobariñas destacou a coordinación e implicación para agrupar voces e músicas de 28 artistas que prestaron o seu apoio incondicional a este proxecto, co traballo de arranxos de Nacho Álvarez e de Tamara Martínez.
“Primeiramente fíxose a letra da canción sobre as ideas-base do que se pretende, seguindo o esquema da copla tradicional galega e, a continuación, gravouse a melodía básica a ritmo de alborada”, explicou.
Bieto Lobariñas. Letra e música. Zanfona, gaita en Re e voz.
Nacho Álvarez. Arranxos, música e voces. Acordeón, bombo con baquetas e voz
Juan Álvarez. Gaita en Re e voz
Carmen. Voz
Iria Villar González. Voz
Eva Pérez “Chispiña”. Zanfona e voz
Juan Comesaña “Viti”. Tamboril
Xurxo Souto. Apupo, acordeón, diatónico e voz.
Álvaro Lamas. Zanfona e voz.
Xan de Tui. Tamboril e voz.
Patricia González Iglesias. Voz.
Mini. Zanfona e voz.
Gabi “Vacaloura”. Gaita en Re e voz.
Marina Quintillán. Violín.
Tino Baz. Voz.
Antón Castro. Zanfona e voz.
Silvia Gallego. Bombo e voz.
Inés Carballo. Voz
Dori Castro. Corrección de Textos e voz.
Tamara Martínez. Arranxos de voces, teclado e voz.
Pilar Gonçalves. Bombo con baquetas e voz.
Evaristo Alejos “Alex”. Gaita en Re e voz
Luís “O Carucho”. Gaita en Sol e voz
Marcos González “Tarito”. Zanfona e voz.
Suso Comesaña. Gaita en Re e voz.
Cosme Pombo. Gaita en Sol e voz.
Andrés Fenoy “Cacharro.” Voz.
Carlos Sabariz. Bombo
Isaac Millán. Gravación de son e mistura.
Diego Bea Besada. Realización de vídeo.