VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Vía Galega organiza en Compostela un roteiro ao redor da figura de Murguía

Desde Vía Galega, en colaboración coa Agrupación Cultural o Galo e coa Asociación Cultural e Musical Solfa, organizamos este xoves 23 de novembro ás 17hs un roteiro baixo o título “A pegada de Murguía en Compostela”. Este roteiro, será guiado por Henrique Rabuñal, escritor e profesor.

O punto de partida desta actividade será ás 17hs do día 23 na Libraría Couceiro. Desde Vía Galega, pregamos a todas as persoas interesadas en asistir a esta actividade, comuniquen a súa asistencia previamente ao enderezo electrónico: compostela@viagalega.gal