VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Vía Galega recolle 4326 sinaturas para esixir seleccións galegas e o dereito a competir oficialmente en todas as disciplinas deportivas

Unha representación das e dos asinantes do manifesto, “Galiza, un Pobo, unha selección” participan na entrega das sinaturas dirixidas ao presidente Feixoo

VÍA GALEGA, dentro da campaña que está levando a cabo por toda Galiza a prol do dereito a competir coas nosas seleccións en todas as disciplinas deportivas, vén de entregar, hoxe, no rexistro da Xunta de Galiza 4.326 sinaturas de apoio ao manifesto. “Galiza, un Pobo, unha selección”, dirixidas ao presidente da Xunta de Galiza. Entre os/as asinantes encontramos significados e significadas deportistas vinculadas a diferentes disciplinas deportivas como no taekwondo a Marcé Barbientos, na marcha a Manuel Polo e nos 1500  metros a Serafín Carballo. No manifesto reclámase o dereito  de Galiza de estar representada, como tal, en todas as disciplinas deportivas; a podermos conformar seleccións galegas en todos os deportes e termos o dereito a competir a nivel oficial e internacional; a que os nosos deportistas e deportistas podan competir baixo a bandeira galega e poder exhibila cando soben ao podio, a galeguizar o deporte e a impulsar a igualdade de xénero.

Anxo Louzao, da portavocía de Vía Galega, resaltou “a grande acollida que está tendo a campaña, agradeceu o apoio a todas as persoas asinantes e as alí  presentes” Para a continuación afirmar: “que  o dereito a competir coas nosas seleccións, baixo a nosa bandeira e himno e a termos selección en todos os deportes é un dereito que nos asiste como galegos e galegas e que non  pode ser prohibido por máis tempo. Feixoo, como presidente da Xunta,  ten a responsabilidade é obriga de facelo posíbel. Só unha Xunta que non acredita na nosa identidade nacional e  que procura a invisibilidade e irrelevancia de Galiza  pode negarnos a vibrar coas nosas seleccións, entoar o noso himno e izar a nosa bandeira” . Engadiu “ O podermos competir como nación que somos, non só reforza a nosa autoestima e o sentido de pertenza a un Pobo, senón que tamén supón unha maior oportunidade para os e as nosas deportistas. Se hoxe Galiza é unha potencia e  referencia en diferentes disciplinas deportivas, de competirmos oficialmente e internacionalmente estas acrecentaríanse exponencialmente” Rematou, “esixindo todas as competencias deportivas porque os nosos e nosas deportistas e seleccións son as únicas que nos representan e, por tanto, a  Xunta ten a obriga de tomar todas as medidas para que este sentir colectivo se faga realidade.

Marcé Barrientos, expresidenta da Federción Galega de taekwondo e presidenta da  Asociación de Mulleres Deportistas Galegas e asinante do manifesto afirmou: “Os rapaces galegos competían en Bélxica, en Holanda, en Alemaña, Corea… e experimentou unha regresión na que as seleccións galegas foron perdendo capacidade de manobra. Eu recordo un campionato en Holanda os e as rapazas galegas se encheron de medallas e un adestrador iraniano preguntaba onde estaba Galiza porque gañaban tanto e despois de explicarllo pensaba que era unha illa”.

O tamén asinante do manifesto, Manuel Polo, Subcampión Europeo máster 45 de marcha atlética e adestrador de atletismo, manifestou: “É fundamental ter capacidade de representar ao nos país a nivel internacional e ese é o obxectivo fundamental desta campaña”.

Finalmente, Serafín Carballo, Subcampión de 1500 metros comentaba: “É unha tristura que moitas rapazas e rapaces que podían estar representando a Galiza, o noso país, e que non poden por ser os segundo ou terceiros do Estado e non ter a posibilidade de competir. Se tiveramos unha selección galega moitos deportistas da alta competición que aparcas por eses resultados terían a posibilidade de prolongar a súa vida deportiva e conseguir moitos éxitos”

Entrega de sinaturas no Rexistro da Xunta

Entre os/as deportistas asinantes do manifesto: “Galiza, un Pobo, unha selección” encóntranse persoas significativas vinculadas a diferentes disciplinas deportivas, como por exemplo:

  • Fernando Vázquez. Adestrador da selección galega.
  • Pili Neira. Adestradora da selección galega feminina de fútbol
  • Caetano Horta. Padexeiro. Dobre scull. Sétimo ( diploma olímpico ) nos Xogos Olímpicos de Tokio
  • Nadia Iglesias de Salvador. Patinadora. Subcampioa do Estado Español de  patinaxe artístico. Modalidade libre
  • Alexandre Sanmartín Costa. Adestrador da selección galega masculina de fútbol gaélico
  • Pablo da Silva Rocha. Adestrador da selección galega feminina de fútbol gaélico
  • Xulia Vaquero. Plusmarquista dos 5000 m. Noveno posto olímpico en 10.000 m en Atlanta 96. Foi subcampeona europea de cross
  • Serafín Carballo Carballeira. Foi Subcampeón do Estado Español de 1500 m.
  • Antón Ruanova. Triatleta. Foi subcampión do Estado Español de triatlón.
  • Luís Penín. Alpinista. Premio estatal de escalada en xeo.
  • Alba Cuba Dorado. Ex Subcampeona Estatal junior de declatón en 2007.
  • Manuel Polo. Licenciado en Educación Física e adestrador de atletismo e atleta veterán
  • Hugo Sánchez Flores. Foi xogador do Fútbol Sala (Prone. Santiago-Futsal e Burela)Mellor Deportista lucense do 2011.
  • Pablo Bermejo. Xogador e capitán da selección Galega masculina de fútbol Gaélico
  • Uxía Castro . Xogadora da selección galega feminina de fútbol femenino Gaélico .
  • Mercé Barrientos. Foi presidenta da Federción Galega de taekwondo. Dirixe a Asociación de Mulleres Deportistas Galegas
  • Fernando Currás Gallego. Presidente da Unión Deportiva Ourense
  • Cristina Fernández Piñeiro. Árbitra internacional de Balonmán. Primeira muller árbitra de balonmán en Europa
  • Mario Gómez Calviño. Presidente da escola de fútbol femenino Rosalía de Ourense.
  • Pedro Gómez Val . Presidente do Club Xabaríns-volei de Lugo.
  • Román Sánchez Besteiro. Coordenador da Federación de Peñas do C.D. Lugo.
  • Oscar Martínez Souto. Árbitro de Fútbol
  • Adolfo Sainz Maza. Campión galego de Decatlón.
  • Fiz Rodríguez. Segundo adestrador da SD Compostela.
  • Adrián Carreira Penalonga. Atleta de Decatlón.
  • Ismael Romero Saborido. Remeiro de Cabo da Cruz.
  • Daniel Vázquez Labrada. Remeiro do Club Remo de Ares.
  • Bernardo Máiz Bar. Remeiro e Cabo da ACT.
  • Xurxo Souto. Impulsor das seleccións e de siareirxs galegos.
  • Cristina López Villar. Profesora da Facultade de Ciencias do Deporte e de Educación Física da UDC
  • Severino Gómez Neira. Director técnico do Club A Cambadela
  • Xan Rodiño. Presidente da asociación Cultural e Deportiva de billarda Rías Baixas. Impulsor da Liga Nacional de Billarda.
  • Anxo Amado. Directivo do Santiago- Futsal.

Compostela, 24 de febreiro de 2022