O próximo 12 de decembro, Vía Galega – A Coruña organiza un acto ao redor da figura e obra de Benito Vicetto ás 19:30h nas instalacións da A.C. Alexandre Bóveda (Rúa Sto. André, nº 36 – 1º andar), na cidade da Coruña
No bicentenario do seu nacemento, o ensaísta e profesor Francisco Rodríguez Sánchez, falará de quen era Benito Vicetto, da súa salientábel produción histórica, literaria e xornalística e da proxección pública e influencia popular que tivo na Galiza. Unha oportunidade para reivindicarmos a súa figura e obra, tan inxustamente arrombadas no esquecemento e mesmo denigradas con ignorante soberbia. Esta actividade terá lugar o próximo o xoves 12 de decembro, ás 19.30h.
Esta actividade está organizada por Vía Galega – A Coruña, coa colaboración da A.C. Alexandre Bóveda e a Deputación Provincial da Coruña, Área de Cultura.