VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Vía Galega organiza unha nova visita guiada ao Panteón Real

O sábado, día 25 de novembro, ás 11:45hs, VÍA GALEGA, en colaboración coa Agrupación Cultural o Galo e coa Asociación Cultural e Musical Solfa, organiza unha visita guiada ao Panteón Real, situado na catedral de Santiago de Compostela, símbolo de importancia histórica e do poder e vontade do Reino de Galiza, onde están soterrados reis e personalidades do Reino de Galiza. A visita será guiada por Ramón Izquierdo Peiró, Director Técnico do Museo da Catedral.

Contamos con 30 prazas. Por tanto, todas as persoas interesadas en asistir teñen que inscribirse no correo compostela@viagalega.gal. antes do xoves, día 23. As prazas serán asignadas por orde inscrición e necesitamos que nos facilitedes o nome, apelidos e o número de DI.