VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Votantes favorábeis á Autonomía da Galiza.

O 28 de xuño de 1936 celebrábase o plebiscito do Estatuto. Votaría o 74,56% do censo eleitoral (de 1.343.135 persoas inscritas), demostración do impacto que tivo a campaña en favor da Autonomía da Galiza. 1.000.963 efectivizarían o seu voto, sendo 993.351 votos a favor (o 99,24%), 6.161 en contra e 1.451 en branco.
Na imaxe votantes en favor da Autonomía da Galiza, ao pé dun colexio eleitoral, en Vigo. 28 de xuño de 1936.

Deixa un comentario