VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

Search
Close this search box.

Apresentación de ‘Vía Galega’ na Coruña

O vindeiro martes, 3 de abril, apresentarase ás 20h na Coruña (no local da ONCE, Cantón Grande nº 3) VIA GALEGA. Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza (www.viagalega.gal). Queremos convidarte a asistir. Coidamos que estamos a vivir no ámbito do Estado español unha involución nos dereitos individuais e colectivos que fai que … Ler máis

Vía Galega diante do contexto en Catalunya

Diante do grave contexto aberto arredor de Catalunya, especialmente desde o 1 de outubro de 2017 até o día de hoxe, reprimíndose á maioría social que se pronunciou a favor do dereito a decidir o futuro do seu país en plebiscito, e a optar pola soberanía do mesmo, opción que contaba e conta cunha maioría … Ler máis

Exitosa apresentación nacional de ‘Vía Galega’

Máis de 200 persoas, asistiron este sábado 3 de marzo á apresentación pública da plataforma social Vía Galega. O acto tivo lugar en Compostela precisamente porque nesta data conmemórase o cento sesenta e dous aniversario do “Banquete de Conxo”. A plataforma ten como obxectivo central a defensa do carácter nacional de Galiza e, polo tanto, … Ler máis