Galiza Nación
Un pobo con dereitos
Combater as mentiras da Galiza subsidiada, abeirar os complexos, desfacer prexuízos e fomentar a estima colectiva para que cada vez sexa máis pobo o que acredite e tome conciencia de que a nación galega existe e ten futuro. Velaí os obxectivos desta campaña.
Por que Galiza
é unha nación?
Escritor
Actriz
Suso de Toro
Escritor
Olaia Maneiro
Cantareira
Xurxo Souto
Músico e escritor
Pilar García Negro
Profesora e escritora
Paco Rodríguez
Historiador e crítico literario
Neves Rodríguez
Actriz e comunicadora
Antón Ruanova
Triatleta
Pilar Pallarés
Escritora
Coloquios
e mesas redondas

A campaña “Galiza nación. Un pobo con dereitos” de coloquio na Coruña
26 de novembro ás 19.30 horas na AC Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 6 1º) da Coruña. Contará coas intervencións de Adela Figueroa Panisse, presidenta da Fundación Eira e expresidenta de Adega; e de Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras; e será dinamizado pola actriz Isabel Risco.

Os coloquios “Galiza nación. Un pobo con dereitos” proseguen en Compostela
14 de decembro ás 19.30 horas no Centro Sociocultural das Fontiñas (rúa de Berlín, 13) de Santiago de Compostela. Contará coa proxección dun vídeo documental e coas intervencións de Elvira Souto, Francisco Rodríguez e Suso Seixo.