VIA GALEGA – Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza

179 aniversario dos Mártires de Carral

O vindeiro 26 de abril VIA GALEGA, Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, desenvolverá un acto en homenaxe aos Mártires de Carral no seu 179 aniversario cun acto público que terá lugar no monumento “Aos Mártires da liberdade” na localidade de Carral ás 11:30h. Este acto de lembranza e reivindicación comezará cunha … Ler máis

Vía Galega presenta o caderno “Mulleres na construción da nación galega”

Neste mes de decembro, Vía Galega presenta o caderno monográfico “Mulleres na construción da nación galega”. Esta publicación editada coa coa colaboración da Deputación da Coruña, nomeadamente coa Área de Cultura, ten nos seus obxetivos, espallar información e coñecemento sobre o noso país, tan oculta, nesgada ou simplemente roubada, moitas veces para proveito de outros. … Ler máis

Vía Galega conmemora o próximo 27 de abril o 178 aniversario da Revolución Galega de 1846 en Carral

Vía Galega conmemora o 178 aniversario da Revolución Galega de 1846  cunha  unha ofrenda floral aos “Mártires de Carral”, diante do monumento aos “Mártires da liberdade” en Carral e un roteiro até  cemiterio de Paleo, onde repousan os seus  corpos.  A homenaxe terá lugar o  día 27 de abril, ás 11:30, coa lectura por parte de … Ler máis

172 aniversario dos Mártires de Carral

O 26 de abril de 1846 na vila coruñesa de Carral eran executados os altos mandos do movemento capitaneado por Miguel Solís, no militar, e Antolín Faraldo, no socio-político, en contra do rexime do goberno de Ramón María Narváez e a favor das liberdades galegas. Os executados serían coñecidos como os “Mártires de Carral”. A seguir reproducimos un … Ler máis

Galiza no IX Congreso das Nacionalidades Europeas (1933)

Entre o 16 e o 18 de setembro de 1933, na cidade suíza de Berna, desenvolveuse o IX Congreso de Nacionalidades Europeas. Encontro ao que se daban cita representantes de multitude de organizacións políticas e institucións que representaban a diversas nacións europeas. O Congreso de Nacionalidades Europeas era un organismo que operaba como institución adxunta … Ler máis